Ven á nosa concentación de vehículos clásicos

Publicado o 2 de Abril de 2019

Os coches clásicos serán o próximo 6 de abril os protagonistas indiscutibles en As Cancelas. A partir das 12:00 horas, varios automóbiles, pertencentes ao Automóvil Club Galicia, que ademais celebra o seu 30 aniversario, daranse cita no parking exterior do centro comercial para que os nosos visitantes poidan viaxar ao pasado e deleitarse cunha impresionante colección con coches dos nos 50 aos 80.

O mítico ‘Seiscentos’, un Dodge 1700, o famoso Citroën ‘2 Cabalos’ ou o Volkswagen Escaravello son algúns dos moitos modelos de coches clásicos que se poderán ver durante este sábado en As Cancelas. A nós parécenos un plan perfecto! E ti, valo a perder?