Ven a doar sangue o 16 de xuño en As Cancelas
Sabías que a metade dos españois necesitará sangue polo menos unha vez na súa vida? A sangue doada destínase a paliar enfermidades, para tratamentos oncolóxicos, intervencións quirúrxicas, accidentes, trasplantes…
Se queres aportar o teu grao de area, en As Cancelas celebramos o Día Mundial do Doante de Sangue coa visita dunha unidade móvil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia que estará o próximo 16 de xuño de 9:30 a 14:30h e de 15:30 a 21h no parking exterior de As Cancelas.
Recorda que para poder doar deber ser maior de idade, pesar máis de 50 kilos e non padecer enfermidades transmisibles pola sangue. Ademais, non se debe acudir en xaxún e, despois de xantar, recoméndase esperar dúas horas. Se queres saber un pouco máis sobre os requisitos para doar, fai click aquí.
Non olvides traer a túa tarxeta de donación, DNI ou documento acreditativo de identidade similar! E recorda que, aínda que non é obrigatorio, se pides cita previa no 900 100 828 terás prioridade para efectuar a vosa doazón.