Unha apertura moi especial: Fashionkids
Os nenos son os reis do Nadal e da casa, así que As Cancelas amplía a súa oferta para os máis pequenos coa apertura do salón de peiteado Fashionkids, especializado en cortes e tratamentos capilares para nenos e nenas. A primeira cadea de salóns de peiteado infantís de España ofrece un servizo personalizado a cargo de profesionais, diversión e comodidade para toda a familia nun espazo lúdico deseñado para os máis pequenos. E é que ir a cortar ó pelo nunca foi tan divertido…