Un Paseo pola Historia
Gran exposición divulgativa “Un Paseo pola Historia”
En As Cancelas adicamos o mes de marzo á Historia cunha gran exposición divulgativa que mostrará algúns dos episodios máis relevantes do pasado da Humanidade a través de coidadas escenografías. A exposición é unha experiencia de divulgación de gran calidade e que resulta moi entretida para toda a familia. Poderase visitar desde o 1 de marzo e ata o día 31 no horario comercial habitual.
A exposición consta de oito escenarios, situados en distintos puntos das tres plantas do centro comercial, nos que se recrean algúns dos episodios máis importantes da Historia utilizando, en moitos dos casos, obxectos e elementos da época representada.
1 – O imperio romano, Julio César en Galicia. Lexionarios romanos e unha cuadriga serven, entre outros elementos para transportarnos á Galicia romana.
2 – Galicia na época medieval. A tenda de campaña dun gran guerreiro galaico para descubrir como vivían os nosos devanceiros.
3 – A Época napoleónica e a Guerra da Independencia. Soldados uniformados, un canón e o mismísimo Napoleón Bonaparte para ilustrar un momento histórico clave.
4 – Felipe II e a Armada Invencible. Felipe II, Isabel de Inglaterra e dous imperios enfrontados pola supremacía do mundo coñecido.
5 – A conquista do Oeste americano. Unha viaxe ás chairas do Oeste, as cidades sen lei e a guerra cos indios a través dos obxectos que o cinema fixo familiares.
6 – Os anos 20, eses anos tolos! Gángsters, metralletas e un coche para fuxir da policía nun escenario que podería saír do mesmo Chicago.
7 – As guerras mundiais. Un búnker, armas da época e cartelería da Primeira e Segunda Guerra Mundial para aprender sobre os conflitos armados do pasado século.
8 – Os anos 70 e 80. Que recordos! Unha viaxe ao noso pasado máis próximo a través dos obxectos máis populares e unha oportunidade para que os maiores ensinen aos máis pequenos como era a vida hai 40 anos.
Ademais dos oito escenarios, a Historia cobrará vida a través dos seus personaxes no photocall histórico que, todos os sábados do mes de marzo, permitirá aos visitantes fotografarse xunto a algunhas das figuras máis famosas de séculos pasados:
Sábado día 5 de marzo: Julio César
Sábado día 12 de marzo: Rey Arturo
Sábado día 19 de marzo: Napoleón
Sábado día 26 de marzo: Elvis Presley
O horario dos sábados para o photocall será de 17 a 21:00h.