Un Nadal para todos: visita o noso espazo solidario
Este Nadal, en As Cancelas lanzamos a campaña solidaria Un Nadal para todos, na que tres ONG de ámbito nacional -Cáritas, Cruz Vermella e a Asociación Española Contra o Cancro (AECC)- compartirán un espazo no centro comercial para informar sobre a súa labor e proxectos, así como realizar actividades e obradoiros.
O horario do espazo, situado en planta 1 e aberto ata o 19 de decembro, será:
- De luns a xoves, de 16:30 a 21h
- Venres e domingo, de 11:30 a 13:30 e de 16:30 a 21h
- Sábado, de 10 a 13:30 e de 16:30 a 21h
Cada unha das asociacións realizará as súas propias actividades. A AECC instalará unha feira solidaria. Pola súa banda, Cáritas aproveitará o espazo para informar da súa campaña solidaria de recollida de xoguetes novos e de outros programas que teñen en marcha.
No caso de Cruz Vermella, ademáis de ofrecer información sobre os seus proxectos en Galicia, prepararon distintos obradoiros para cada día:
- Luns 13: concurso infantil de debuxo e información sobre o acollemento familiar.
- Martes 14: demostración de xerontogimnasia, a modalidade de ximnasia adaptada a persoas maiores, aberta a quen queira probala.
- Mércores 15: orientación laboral co equipo do Plan de Emprego de Cruz Vermella.
- Xoves 16: obradoiro de manualidades para todos os públicos.
- Venres 17: obradoiro O meu xoguete ideal.
- Sábado 18, pola mañá: Sense of Home, un vídeo de realidade virtual para poñerte na pel de unha persoa que vive nun campo de refuxiados. O voluntariado do SEMUS Compostela tamén explicará a labor que a entidade desenvolve con persoas sen fogar.
- Sábado 19, pola tarde: demostración de reanimación cardiopulmonar.