Todo preparado para a Gran Porra da Eurocopa!
O grande acontecemento futbolístico do ano está ao virar a esquina e As Cancelas invita a todos os seus seguidores en Facebook a participar nunha gran porra con estupendos premios. Entre todos os que acerten o resultado dos tres partidos de España na primeira fase da competición, sortearanse nove camisetas oficiais, tres por cada partido da selección española. Ademais, todos os participantes poderán optar ao premio final dun Ipad.
As bases do concurso, especialmente dirixido aos nosos amigos na popular rede social, publicaranse proximamente e As Cancelas prepara novas sorpresas se España, como todos desexamos, pasa á seguinte fase.
Participa!