Prepara o teu regalo para o Día do Pai
Os peques da casa teñen xa listo o seu agasallo para o Día do Pai? Este ano, a nosa mascota Celi púxose mans á obra e tráenos un divertido obradoiro de papiroflexia co que poderedes preparar un regalo super orixinal para papá, composto por unha manualidade e vales con agasallos moi emotivos.
E para facelo aínda máis divertido, preparamos unha gymkhana repleta de pistas para que os nenos e nenas poidan esconder o seu regalo na casa e sexa papá quen o atope. Soa ben?
Que materiais vas a necesitar?
- Celo e pegamento
- Tesoiras
- Folios
- Rotuladores de cores
- Un bote ou bolsa de papel
- Lazos
- Os nosos vales regalo e pistas
Recorda, se non podes imprimir na casa os vales regalo e as pistas que vos propoñemos, os peques da casa sempre poderán preparalos usando papel e moitos lápis de cores.
Mans á obra!