Celebramos a nosa I Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico
Do 22 ao 25 de abril celebramos en As Cancelas a I Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico para que podas coñecer de primeira man as últimas novidades do sector da automoción en canto a mobilidade sostible. O evento celebrarase no parking exterior do centro comercial, ao aire libre para cumprir con todas as medidas de seguridade esixidas polas autoridades sanitarias.
Ademais, os 50 primeiros visitantes que proben algún dos vehículos dispoñibles na exposición, poderás conseguir un vale regalo de 2€ para gastar en calquera dos nosos locais de restauración. E iso non é todo, porque todos os que decidan levarse un novo coche a casa, conseguirán de regalo unha comida ou cea para dúas persoas para consumir tamén nos locais de restauración do centro, e por un valor máximo de 50€.
Sumáste á mobilidade sostible? Esperámoste en As Cancelas.