Sube ao tren de Celi!
A partir do sábado 3 de decembro, os nenos e nenas menores de oito anos poderán gozar dun divertido paseo en tren. O tren de Celi, que estará na planta 2, funcionará só pola tarde (de 17:00h a 21:00h) ata que empecen as vacacións escolares e ampliará o seu horario a partir do 22 de decembro (de 11:30h a 14:00h e de 17:00h a 21:00h). As fins de semana tamén haberá quenda de mañá e tarde. Pasaxeiros ao tren!