Sorteamos unha fin de semana en caravana!
Non hai mellor forma para pasar uns días cos teus que viaxar unha fin de semana en autocaravana. Arranca o motor e prepárate para o fantástico premio que che traemos. As Cancelas e Compostela Caravaning sortean unha fin de semana en caravana para que poidas ir onde queiras a pasar un par de días. Praia ou montaña, cidade ou campo, todas as posibilidades estarán dispoñibles para ti. Non che parece un planazo? Grazas a As Cancelas, un dos nosos seguidores de Facebook ou Instagram poderá levarse este incrible premio. Queres ser ti?
Para poder participar en Facebook só tes que:
- Ser seguidor das páxinas de As Cancelas e Compostela Caravaning en Facebook.
- Etiquetar a 2 amigos na publicación do sorteo.
- Compartir a publicación do sorteo.
Para participar en Instagram debes:
- Seguir as contas de As Cancelas e de Compostela Caravaning en Instagram.
- Deixar un comentario mencionando a dous amigos na publicación do sorteo.
O sorteo levarase a cabo entre todas as persoas que cumpran os requisitos. O gañador darase a coñecer a través das redes sociais de As Cancelas.
Participa e prepara a maleta!