Sorteamos unha entrada dobre para o Compos – Rayo Cantabria!

O SD Compostela comeza o ano co nun novo enfrontamento! Se estás tan emocionado coma nós e queres acompañar aos branquiazuis no primeiro partido do 2024 animando desde as bancadas do Vero Boquete San Lázaro, poñémoscho moi sinxelo. Sorteamos unha entrada dobre para o enfrontamento deste 7 de xaneiro contra o Rayo Cantabria! Todo o que tes que facer para participar é seguir estes pasos:
Requisitos para participar na promoción en Facebook:
- Ser seguidor da páxina de As Cancelas en Facebook.
- Etiquetar a 2 amigos na publicación do sorteo.
Requisitos para participar na promoción en Instagram:
- Ser seguidor da páxina de As Cancelas en Instagram.
- Etiquetar a 2 amigos na publicación do sorteo.
Non o esquezas! O prazo para participar termina este venres 5 de xaneiro ás 12:00h, podes duplicar as túas posibilidades de gañar participando desde ambas redes sociais!
Gañador:
- Miguel Gómez Vilán (Facebook)