Sorteamos unha entrada dobre para o Obradoiro – Baskonia
Queres asistir pola cara ao partido do Monbus Obradoiro contra o Bitci Baskonia deste domingo 13 de marzo? Meu dito meu feito! En As Cancelas queremos convidarche a gozar do encontro sorteando unha entrada dobre para que veñas con quen ti queiras. Queres conseguila? Tan só tes que seguir estes pasos:
Requisitos para participar na promoción en Facebook:
- Ser seguidor da páxina de As Cancelas en Facebook.
- Etiquetar a 2 amigos na publicación do sorteo.
Requisitos para participar na promoción en Instagram:
- Ser seguidor da páxina de As Cancelas en Instagram.
- Etiquetar a 2 amigos na publicación do sorteo.
O prazo para participar termina o venres 11 de marzo ás 12h. E se queres ter máis posibilidades de gañar, participa desde as dúas redes sociais!