Sorteamos unha entrada dobre para o Obradoiro – San Pablo
Porque o baloncesto é máis máxico grazas a eles e ao seu incrible adestrador… Esta semana sorteamos unha entrada dobre para o partidazo entre o Monbús Obradoiro e o Hereda San Pablo para que poidades gozar en vivo e en directo do seu saber facer na pista. Queres conseguila? Só tes que seguir os seguintes pasos:
Requisitos para participar na promoción en Facebook:
- Ser seguidor da páxina de As Cancelas en Facebook.
- Etiquetar a 2 amigos na publicación do sorteo.
Requisitos para participar na promoción en Instagram:
- Ser seguidor da páxina de As Cancelas en Instagram.
- Etiquetar a 2 amigos na publicación do sorteo.
O prazo para participar remata o venres 17 de decembro ás 12h e se queres ter máis posibilidades de gañar, participa desde as dúas redes sociais!