Sorteamos unha camiseta oficial do SD Compostela

Publicado o 24 de Setembro de 2021

Encántache o fútbol? Gozas tanto dos partidos do teu equipo favorito que saltas de alegría cando suman unha vitoria na clasificación? Entón esta sorpresa é ideal para ti! En As Cancelas encántanos a xente apaixonada, e co obxectivo de apoiar e promocionar o deporte local, este ano estreámonos como entidade colaboradora do SD Compostela, un equipo cheo de xogadores excepcionais que senten paixón polo que fan. E para celebrar esta noticia, regalamos unha fantástica camiseta do segundo equipamento do club! Queres conseguila? Só terás que seguir os seguintes pasos:

  • Se queres participar en Facebook:
    • Ser seguidor das páxinas de As Cancelas e do SD Compostela en Facebook.
    • Etiquetar a 2 amigos na publicación do sorteo.
    • Compartir a publicación
  • Se queres participar en Instagram:
    • Ser seguidor das páxinas de As Cancelas e do SD Compostela en Instagram.
    • Etiquetar a 2 amigos na publicación do sorteo.

O prazo para participar termina o vindeiro mércores 29 de setembro. E, ollo! Se queres ter máis posibilidades de gañar… participa desde ambas as redes sociais!

BASES LEGAIS