Sorteamos una entrada dobre para o Monbus Obradoiro – Barça
Se es dos que goza como un neno pequeno dos partidos de baloncesto do teu equipo favorito, temos boas noticias para ti! E é que en liña co noso compromiso co deporte local, estamos moi orgullosos de anunciar que nos estreamos como entidade colaboradora do Monbus Obradoiro. Como o les! E para celebralo, sorteamos unha entrada dobre para o partido deste domingo ás 12:30 h contra o Barça. Queres conseguila? Para participar só tes que:
Requisitos para participar na promoción en Facebook:
- Ser seguidor da páxina de As Cancelas en Facebook.
- Etiquetar a 2 amigos na publicación do sorteo.
Requisitos para participar na promoción en Instagram:
- Ser seguidor da páxina de As Cancelas en Instagram.
- Etiquetar a 2 amigos na publicación do sorteo.
O prazo para participar termina o xoves 4 de novembro. E lembra, se queres ter máis posibilidades de gañar, participa desde as dúas redes sociais!