Sorteamos un proxecto de deseño de Ikea valorado en 1.000€

Publicado o 29 de Setembro de 2021

Hej Santiago! Ikea abre un novo espazo en As Cancelas no que poderás deseñar proxectos personalizados para todas as estancias do teu fogar. Ademais, contará cun serviso de asesoramento para realizar compras online ou contratar servizos de recollida, transporte e montaxe de mobles.

Para dar a benvida a Ikea ao centro comercial, do 1 ao 16 de outubro sortearemos un proxecto de deseño a medida valorado en 1.000€ que coidará cada detalle, desde cores e texturas, ata mobles e accesorios. Participar é moi sinxelo: presenta os teus tickets de compra de 20€ ou máis de calquera das nosas tendas no Punto de Atención ao Cliente de As Cancelas para conseguir a túa tarxeta de participación. Unha vez a teñas, só terás que cubrir cos teus datos o formulario que verás máis abaixo e introducir o código alfanumérico do cupón.

Só serán válidos os tickets de compras realizadas entre o 1 ao 16 de outubro e o nome da persoa gañadora coñecerase o próximo 18 de outubro a través das nosas redes sociais.

Crea a habitación dos teus soños grazas a Ikea.

Moita sorte!

BASES LEGAIS