Sorteamos un colgante de Tous en redes sociais
Gustaríache conseguir un set de colar 3 en 1 da marca de xoiería Tous? Participa no noso último sorteo de redes sociais e consegue esta peza de prata que grazas aos seus tres colgantes adaptarase a todos os teus looks. Podes facelo a través de Facebook ou Instagram, seguindo estes sinxelos pasos:
Requisitos para participar desde Facebook
▪ Ser seguidor de As Cancelas en Facebook.
▪ Deixar un comentario na publicación do sorteo etiquetando a 2 amigos.
Requisitos para participar desde Instagram
▪ Ser seguidor de As Cancelas en Instagram.
▪ Deixar un comentario na publicación do sorteo etiquetando a 2 amigos.
O prazo para deixar o teu comentario finaliza o martes 23 de outubro, e se participas desde as dúas redes sociais terás o dobre de posibilidades de gañar. Moita sorte!