Sorteamos tres abonos As Cancelas para ver ao Obradoiro

Estás enganchado á emoción e a intensidade dos partidos do Monbus Obradoiro? Nós tamén! Por iso, unímonos ao club para lanzar en exclusiva o abono ‘As Cancelas’ co que os afeccionados poderedes gozar dos seis últimos partidos que se disputarán no Multiusos Fontes do Sar.
FC Barcelona Baloncesto, Breogán Lugo, Valencia Basket, Club Joventut Badalona, Manresa Basket, Bàsquet Club Andorra… ao Obra aínda lle esperan grandes enfrontamentos, se non os queres perder, podes adquirir o teu abono a través desta ligazón.
Ademais, para celebrar o lanzamento sorteamos 3 abonos ‘As Cancelas’ para que poidas ocupar un asento no Multiusos Fontes do Sar durante estes partidos. Para conseguir un deles só tes que:
Requisitos para participar na promoción en Facebook:
- Ser seguidor da páxina de As Cancelas en Facebook.
- Etiquetar a 2 amigos na publicación do sorteo.
Requisitos para participar na promoción en Instagram:
- Ser seguidor da conta de As Cancelas en Instagram.
- Etiquetar a 2 amigos na publicación do sorteo.
O prazo para participar termina o vindeiro xoves 7 de marzo. Participa desde ambas as redes sociais para ter máis posibilidades de gañar!
Gañadores:
- @sharonzc (Instagram)
- @amelie_carrila (Instagram)
- @papalluna (Instagram)