Sorteamos cestas de Nadal cos teus tickets de compra!

Non queremos quitarlle o posto a Papá Noel e aos Reis Magos, pero en As Cancelas volvémonos tolos e repartimos unha chea de premios este Nadal. Mira, mira!
Do 8 ao 11 de decembro, todos os nosos clientes poderán conseguir fantásticas cestas de Nadal coas súas compras! Como? Moi sinxelo! Só hai que presentar tickets de compra de 20€ ou máis no stand da promoción, demostrarnos que nos segues en redes sociais, completar o formulario e entras directamente no sorteo. Regalamos unha cesta diaria!
Toma nota dos horarios do stand:
- De 11 a 14h e de 17a 21h
E non só iso! Porque só por participar, levas un agasallo seguro para que decores o teu arbolito do Nadal.
Desafía á sorte en As Cancelas!