Só os máis rápidos levarán premio!

Publicado o 21 de Xaneiro de 2019

Formar parte do Club de Celi ten moitas vantaxes, como regalos exclusivos, actividades, eventos, descontos ou servizos. Pero aínda queremos coidar máis aos socios do noso club infantil, porque merécense todo e máis, así que hoxe lanzamos unha promoción exprés que de seguro vos vai a encantar. Gústache a comida de Vips? Pois entón sigue lendo.

Os 110 primeiros socios do Club de Celi que se presenten no punto de atención ao cliente do centro comercial e amosen o seu carné do club, levaranse, completamente de balde, un menú infantil para tomar no local de Vips Smart de As Cancelas.

Presentando o cupón do premio en Vips de As Cancelas, o neno ou nena gozará dun menú infantil polo consumo de 13€ adicionais ao menú regalado. Válido para todos os nenos ata 12 anos, e só se poderá usar un cupón por mesa.

Se aínda non es socio, poderás inscribirte de maneira presencial nese mesmo intre ou a través da nosa páxina web.

A que esperas para vir a As Cancelas?