Santiago de Compostela está en festas!
Dende o pasado día 15, Santiago está inmersa nas festas do Apóstolo, dúas semanas de grandes actuacións musicais de todos os estilos, contacontos, obras de teatro, un festival de hip hop, música e baile tradicional e moito máis. O punto álxido das festas patronais de Compostela vivirase a noite do 24 de xullo cos tradicionais Fogos do Apóstolo, que se acompañan de proxeccións multidimensionais sobre a catedral, creando un espectáculo que encandea aos veciños da cidade e aos milleiros de visitantes que recibe durante o mes de xullo.
Imaxe da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar.
Desde As Cancelas tamén poñemos o noso gran de area para contribuír ao desenvolvemento das festas do Apóstolo co patrocinio da Xornada de Folclore Galego, por cuarto ano consecutivo. Este gran encontro entre os grupos máis representativos da danza e a música tradicional galega, que se celebra desde hai máis de 30 anos, tivo lugar o día 16 con grande afluencia de público. A praza da Quintana gozou coas actuacións das agrupacións Brincadeira, Cantigas e Agarimos, Colexiata de Sar e Ultreia, convertendo a xornada nunha das actividades máis populares da semana grande de Santiago.
En As Cancelas estamos orgullosos de contribuír á cultura e as tradicións galegas e animamos aos nosos visitantes e amigos a gozar das festas deste ano 2016.
Consulta o programa completo de festexos aquí.