Gaña premios cada día e rompe a costa de xanerio
A temida costa de xaneiro pode ser máis levadeira en As Cancelas grazas ao noso gran xogo online no que repartiremos fantásticos premios todos os días na nosa web e coas túas compras no centro comercial.
Do 7 ao 15 de xaneiro, pon a proba as túas habilidades nos diferentes xogos dispoñibles na nosa páxina web e consigue unha tarxeta regalo de 150€ cada día para usar no hipermercado Carrefour. Participar é moi fácil, tan só terás que:
- Rexístrate na plataforma que verás máis abaixo a primeira vez que accedas á promoción.
- Proba sorte cada día no xogo correspondente.
Ademais, se participas en polo menos catro xogos, poderás entrar no sorteo final dun lote de agasallos… valorado en 1.000€!
E iso non é todo, porque para dar a benvida ao novo ano, do 11 ao 22 de xaneiro, as túas compras en As Cancelas poden ter premio. Presenta os teus tickets de compra de 20€ ou máis no Punto de Atención ao Cliente, de luns a sábado de 10:30 a 20:45h e descubre ao momento se levas algún dos nosos premios directos como carros da compra, altofalantes portátiles, un robot aspirador, unha Nintendo Switch, e moito máis!
BASES LEGAIS PROMOCIÓN NO CENTRO COMERCIAL