Cargados de regalos, chegan os Reis Magos a As Cancelas!

Seica existe unha mellor forma de estrear o 2023 que cunha boa remesa de agasallos baixo o arbolito? A resposta é NON! En As Cancelas esperamos o 6 de xaneiro como auga de maio e preparamos unha divertida sorpresa para sobrelevar mellor a espera. Mira, mira!
Os días 2, 3 e 4 de xaneiro, as súas maxestades os Reis Magos de Oriente estarán de visita polo centro comercial para coñecer a todos os nosos pequenos clientes. En horario de 12 a 14h, todos os nenos e nenas de Santiago e arredores poderán vir coñecer persoalmente ás súas altezas e depositar a súa carta de desexos na caixa de correos real. Onde? Como sempre, na nosa querida ludoteca infantil: A Casa de Celi 📍
Goza dun Nadal de 10 en As Cancelas!