Regalásmoche unha foto para papá
Faille a papá o mellor agasallo para o próximo 19 de marzo. O venres 16, o sábado 17 e o luns 19 de marzo instalaremos un espectacular photocall para que os nosos visitantes fágan unha foto divertida e cariñosa, poidan levala a casa no momento de forma gratuita para regalarlla aos papás. O horario do photocall será de 18:00 a 21:00 horas o venres 16 e o luns 19. O sábado 17, ademais do horario de tarde, o photocall estará aberto tamén pola mañá, de 12:00 a 14:00 horas.
Porque unha imaxe vale máis que mil palabras e el meréceo todo!