Recolle o teu dorsal para a IX edición de CorreSAN!
Este ano, queremos formar parte dunha das iniciativas deportivas máis importantes de Compostela: o Circuito de Carreiras Saudables CorreSAN. Este evento, organizado pola Federación Galega de Atletismo en colaboración co Concello de Santiago, busca concienciar sobre os beneficios da actividade física regular na calidade de vida dos cidadáns e cidadás.
Desde As Cancelas seguimos apoiando o deporte local e, por iso, convertémosnos no punto de recollida de dorsais da IX edición da carreira CorreSAN que terá lugar este sábado 5 de novembro pola Cidade Vella. Como o les! Toma nota dos días e horarios para poder recoller o teu:
- Venres 4 de novembro, de 16 a 21h.
- Sábado 5 de novembro, de 10 a 19h.
Se aínda non te apuntaste, estás a tempo! Só terás que inscribirte nesta ligazón cos teus datos e listo.
Goza do deporte en As Cancelas!