Recolle o teu dorsal para a carreira San Silvestre Santiago 2022!

A mellor forma de comezar o 2023? Pois cun pouco de deporte! Un ano máis, o Concello de Santiago e a Federación Galega de Atletismo organizan unha nova edición da Carreira San Silvestre de Compostela, que terá lugar o sábado 31 de decembro ás 17h.
Desde As Cancelas quixemos sumarnos a esta iniciativa deportiva e, por iso, convertémonos no punto de recollida de dorsais para este fantástico evento. Do 29 ao 31 de decembro, todos os participantes teñen unha cita xunto á nosa árbore de Nadal para recoller o seu kit do corredor e dalo todo nesta carreira de despedida do 2022.
Toma nota dos horarios nos que estará operativo o stand:
- Xoves 29 de decembro, de 16 a 20:30h
- Venres 30 de decembro, de 11 a 20:30h
- Sábado 31 de decembro, de 11 a 13:30h
Aínda non fixeches a túa inscripción na carreira? Poderás facelo picando nesta ligazón antes do martes 27 de decembro ás 23:59h.
Sente o deporte en As Cancelas!