Recolle o teu dorsal para a carreira Ruta da Prata – Angrois
O Circuito de Carreiras Saudables Corresan, unha iniciativa da Federación Galega de Atletismo en colaboración co Concello de Santiago, celebra unha nova carreira popular no calendario da súa edición 2022/23: a proba Ruta da Prata – Angrois, que se levará a cabo o próximo 21 de xaneiro.
Desde As Cancelas queremos seguir apoiando o deporte local, e por iso, volvemos a convertirnos no punto de recollida de dorsais da carreira. Necesitas recoller o teu? Toma nota dos horarios!
- Venres 20 de xaneiro, de 17 a 21h.
- Sábado 21 de xaneiro, de 10 a 14h.
Se aínda non te apuntaches, estás a tempo! Podes facelo a través desta ligazón, pero recorda que debe ser antes do 18 de xaneiro.
Goza do deporte en As Cancelas!