Recolle a túa dorsal para a Carreira Solidaria Duchenne y Becker

O vindeiro 13 de abril tes unha cita deportiva no Parque do Monte do Gozo de 17:30 a 20:00 horas: a carreira solidaria Duchenne e Becker.
Lembra! Aínda podes inscribirte ata o 10 de abril ás 23:59 nesta ligazón. Ademais, no Centro Comercial As Cancelas habilitamos un punto de recollida de dorsais os días 12 e 13 de abril co seguinte horario:
- Venres 12 de abril. De 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 20.00 (a carón do Punto de Información)
- Sábado 13 de abril. De 10.30 a 13.00 horas (a carón do Punto de Información)
Se ves recoller a túa dorsal, participarás no sorteo dunha tarxeta regalo de 100 € para gastar en Sprinter. Vas perder a ocasión de gañar?
Gañador
- Eduardo García Pazo