Recicla con Intimissimi
Achégate á tenda de Intimissimi do 18 de setembro ata o 30 de novembro de 2017 e deposita cinco prendas usadas. De calquera marca, nos contedores de I:CO para darlle unha nova vida as túas prendas usadas reutilizando os tecidos para crear novos produtos.
Sen necesidade de efectuar ningunha compra recibirás, por cada entrega de cinco prendas, un vale por valor de 10€, quen non será trocado por diñeiro en efectivo.
As prendas deberán ser dunha das seguintes categorías:
- Prendas de punto (camisetas íntimas, camisetas, camisas, xerseis) de muller ou de home.
- Pixama de muller ou de home.
- Partes de abaixo de muller ou de home (braguiñas e calzóns).
- Suxeitadores
OS vales poderán ser trocados en compras mínimas de 50€ ata o 31 de decembro de 2017 na tenda de Intimissimi. Se o vale non é trocado dentro do período de tempo especificado, non terás dereito ao reembolso.
OS vales son acumulables entre eles: se tes máis vales podes acumulalos para efectuar unha única compra, pero o importe do vale ou dos vales utilizados non poderá superar en ningún caso o 20% do importe do ticket de compra.
Calquera compra efectuada suxeita á política de cambios aplicada en Intimissimi, pero o vale non poderá utilizarse coa tarxeta de desconto corporativa.
Achégate a Intimissimi e recicla con nós!