Recibimos a visita de Papá Noel

Publicado o 13 de Decembro de 2018

Como cada decembro, Papá Noel visitará o centro comercial As Cancelas para recibir as cartas e peticións de todos os nenos e nenas de Santiago de Compostela e a súa área metropolitana. O querido personaxe chegará desde o seu fogar no Polo Norte o sábado día 15 de decembro para quedarse ata o día 24 de decembro.

Do 15 ao 23 de decembro o horario para ver a Papá Noel será de 17:00 a 20:00 horas. Os sábados e domingos -días 15, 16, 22 e 23 de decembro- estará tamén polas mañás de 12:00 a 14:00 horas. O día 24, antes de marchars para repartir agasallos por todo o mundo, Papá Noel estará en As Cancelas de 16:00 a 19:00 horas.

Prepara a túa carta e ven entregarlla!