Recibimos a exposición do 25 aniversario de Protección Civil
Do 9 ao 21 de agosto, temos o pracer de acoller no noso centro a exposición coa que a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago conmemora o 25 aniversario da súa creación. Apetéceche descubrila?
A mostra recolle a través de distintas fotografías o traballo desenvolto por Protección Civil de Santiago ao largo deste cuarto de siglo, dende o seu nacemento no pavillón de madeira da rúa Trinidad ata a súa imprescindible labor durante a pandemia, na que repartiron alimentos a persoas confinadas, realizaron tarefas de acompañamento a persoas maiores e sen familia, repartiron máscaras e ocupáronse das persoas sen fogar, entre outras tarefas imprescindibles.
Ademais, a exposición recorda outros momentos da nosa historia recente na que a tarefa de Protección Civil foi clave, en especial o tráxico accidente do Alvia en 2013, no que os voluntarios traballaron xunto coas forzas de seguridade, os sanitarios e os bombeiros no traslado e atención as vítimas e o apoio aos familiares.
Para nós é un orgullo albergar esta exposición que homenaxea o traballo altruísta e de servizo púbrico dos homes e mulleres de Protección Civil de Santiago, xa que a súa labor é fundamental e merece este recoñecemento.