Realidade virtual ao teu alcance en As Cancelas
Se queres vivir a mellor experiencia de realidade virtual, pasa a partir do día 1 de xuño pola nosa segunda planta e proba as nosas cápsulas do futuro. Grazas á empresa Planet9d, unha compañía internacional punteira en instalacións de entretenimiento virtual, poderás gozar dunha aventura única sen moverte de As Cancelas. Goza as emocións máis intensas equipado coas lentes de realidade virtual e os mandos que che permitirán viaxar, xogar e sentir agora o entretenimiento do futuro.