Próxima apertura Skechers
SKECHERS USA, marca líder mundial de calzado casual, deportivo e de tendencia para toda a familia, abrirá un novo establecemento na planta 1 do centro comercial As Cancelas.
Con máis de 3.000 modelos cada tempada, a firma norteamericana converteuse na segunda marca de calzado deportivo máis vendida en EEUU e a quinta a nivel mundial, grazas á variedade e calidade dos seus produtos, a diversificación das canles de distribución nacionais e internacionais e a vangarda das súas creacións publicitarias.
A apertura da nova tenda Skechers amplía a xa excelente oferta das Cancelas para os seus clientes e consolida o liderado do centro comercial compostelán no sector da moda e os complementos.