Prepárate para a volta ao cole en As Cancelas!
Setembro non é só o momento da volta ao cole para os máis pequenos da casa, senón que tamén marca o regreso ao traballo de toda a familia e toca renovar vestiario, material de oficina, aparellos tecnolóxicos… E para facilitar as compras desta tempada, en As Cancelas sorteamos tarxetas regalo das nosas tendas por un valor de… máis de 2.000€!
Participar é moi sinxelo: do 8 ao 15 de setembro achégate ao Punto de Atención ao Cliente e presenta tickets de compra de 20€ ou máis de calquera dos establecementos de As Cancelas para conseguir a túa tarxeta de participación. Unha vez teñas a tarxeta nas túas mans, tan só terás que cubrir o formulario que verás máis abaixo cos teus datos e introducir o código alfanumérico do boleto. Poderás saber ao momento se conseguiches premio!
Ademais, só por participar, regalámosche un lapis personalizado da volta ao cole.
Moita sorte!