Preparados para o gran cambio?
En novembro cúmprense 8 anos desde que As Cancelas abriu as súas portas por primeira vez, unha ocasión que aproveitamos para renovar o centro, estrear imaxe e dixitalizar os nosos servizos máis que nunca. E para celebrar o resultado destas novidades, que moi pronto verán a luz, queremos lanzar unha das nosas campañas máis especiais, na que lle daremos a volta á vida dos nosos clientes con nada máis e nada meno que 60.000 euros en premios. Preparados para o gran cambio?
60.000 euros en premios
A partir do mércores 21 de outubro e ata o 5 de xaneiro de 2021, cada semana teremos:
- Máis de 3.000 euros en premios directos.
- Sorteo dun gran lote de produtos.
Os premios de cada semana organizaranse arredor de distintas temáticas: moda, tecnoloxía, decoración, ocio, deportes… Durante a semana do aniversario dobraranse os premios e haberá un gran sorteo final de Reis con 8.000 euros en premios. Aquí che deixamos toda a información para que non te perdas nada:
- Cambiámosche a forma física, do 21 ao 27 de outubro: A campaña comezará co deporte como protagonista. Os premios directos serán roupa, calzado e material deportivo e o gañador ou gañadora do sorteo final levará un premio moi especial que incluirá un programa cun entrenador persoal, unha bicicleta estática, unha cinta de correr, un xogo de pesos, unha pelota de pilates, unha esteira e 800€ para gastar nas nosas tendas de deporte.
- Cambiámosche a casa, do 28 de outubro ao 3 de novembro: Esta semana será o turno da decoración. Os premios directos servirán para darlle un novo aire ao fogares dos nosos clientes, e o premio final incluirá un proxecto de decoración personalizado con vales para gastar nas nosas tendas de mobiliario, textil e fogar.
- Cambiámosche o armario, do 4 ao 10 de novembro: Chega o momento de renovar o armario coas mellores marcas de moda. Aos regalos directos por ticket de compra en forma de tarxetas regalo, sumarase un gran premio final de vales para gastar nas nosas tendas, co asesoramento dun estilista.
- Cambiámosche a alimentación, do 11 ao 17 de novembro: Queremos coidarte por fóra, pero tamén por dentro, por iso adicamos unha semana á alimentación saudable. Todos os premios directos estarán relacionados coa nutrición e o gran premio final incluirá o asesoramento dun dietista para mellorar os nosos hábitos alimenticios e un gran lote de productos do hipermercado para encher a despensa durante varias semanas.
- Cambiámosche o ocio na casa, do 17 ao 24 de novembro: Gozar do tempo de ocio na casa será máis fácil con fantásticos premios como consolas, suscricións a plataformas de streaming, lotes de xogos…
- Semana espacial aniversario: Cambiámosche a tecnoloxía, do 25 de novembro ao 1 de decembro: Prepárate para estrenar ordenadores, smartphones, tablets e outros gadgets das mellores marcas.
- Cambiámosche a imaxe, do 2 ao 8 de decembro: Coidarse sempre vén ben, e se é en mans dos mellores, mellor que mellor! Déixate mimar con tratamentos de estética, cortes de pelo, manicuras, sesións de depilación e moito máis.
- Cambiámosche os plans de ocio, do 9 ao 15 de decembro: Para que compartas con quen máis che apeteza, regalamos caixas experiencia, vales para restauración, entradas de cine…
- Cambiámosche a mobilidade, do 16 ao 22 de decembro: É hora de apostar pola mobilidade sostible, por iso, os premios de esta semana serán patinetes, scooters eléctricas e bicicletas.
- Cambiámosche a vida, do 23 de decembro ao 5 de xaneiro: Como colofón desta campaña, regalaremos a unha única persoa un lote de premios valorado en 8.000€.
CÓMO PARTICIPAR NO GRAN SORTEO FINAL?
- Presentar un ticket de compra igual ou superior a 20€ no punto de atención ao cliente do centro comercial, de luns a sábado en horario de 10:30 a 20:45 h e os domingos de apertura no mesmo horario. Cuantos máis tickets de compra presentes, máis posibilidades de gañar!Só poderán utilizarse para tal fin os tickets de compras realizadas no centro comercial desde o 23 de decembro de 2020 ata o 5 de xaneiro de 2021. Con cada ticket presentado, entregarase unha tarxeta de participación na promoción cun código alfanúmerico dun só uso.
Para completar o rexistro na promoción, este código deberá introducirse na plataforma habilitada ao final desta páxina, ademáis dos datos persoais requiridos no formulario.
Unha vez completado o formulario, quedará rexistrada a participación do usuario para o Gran Sorteo Final.
- Utilizar os códigos que aparecen nas tarxetas de participación dos sorteos anteriores recollidos dentro da campaña ´Cambiámosche a Vida’. Debido ao peche perimetral actual, non será necesario cambiar as tarxetas xa utilizadas por outras novas, se non que eses mesmos códigos servirán para participar no Gran Sorteo Final.Para completar o rexistro na promoción, os códigos destas tarxetas deberán introducirse na plataforma habilitada ao final desta páxina, ademais dos datos persoais requiridos no formulario.
Unha vez completado o formulario, quedará rexistrada a participación do usuario para o Gran Sorteo Final.