Preparados, listos… comeza o Entroido en As Cancelas!

Todo listo para comezar as celebracións de Entroido en As Cancelas! Do 17 ao 22 de febreiro, temos programadas un montón de actividades para que os peques da casa o pasen en grande. Ademais, o sábado 18 terá lugar o noso habitual desfile e concurso de disfraces de Entroido no que trataremos de atopar as caracterizacións máis orixinal.
Queres saber todo o que temos preparado? Sigue lendo!
Venres 17 de febreiro
- Ás 18h: Festival de Entroido con En Clave Método Suzuki.
Sábado 18 de febreiro
- Ás 13h: Pasacalles de Carnaval coa Charanga Os Atrevidos.
- Ás 18h: Desfile e concurso de disfraces, no que os gañadores das tres categorías – mellor disfrace, disfrace máis divertido e o disfrace preferido do público – levarán de regalo unha Nintendo Switch. As inscricións para o concurso poderanse facer de maneira online no formulario dispoñible ao final da páxina ou no Punto de Atención ao Cliente ata as 17h do día 18.
Luns 20 de febreiro
- Ás 18h: Baile de máscaras de Entroido
Martes 21 de febreiro
- Ás 18h: Imos de safari! Obradoiro de maquillaxe e globoflexia
Mércoles 22 de febreiro
- Canta Baila de Entroido