PREMIAvera: máis de 2.000€ en premios, sorteos e moitas sorpresas
É a estación máis colorida, a máis alegre, e despois do frío inverno, tamén a máis esperada. Por iso queremos celebrar a súa chegada ao grande, con máis de 2.000€ en premios, concursos, sorteos e moitas sorpresas. Benvida PREMIAvera!
Xoga e gana no noso xardín de premios
Comprar en As Cancelas sempre ten premio, e é que do 12 ao 15 de abril, os teus tickets de compra serviranche para probar sorte no noso divertido xardín de premios. Presenta un ticket de 20€ ou máis, escolle un crisantemo dos que florecen no noso oasis vexetal e descobre ao momento se ten premio. En xogo están unha chea de tarxetas regalo para gastar nas nosas tendas, entradas de cine para non perder as últimas estreas da carteleira, vales para gozar nos locais de restauración e outras sorpresas. Un total de 2.000€ en agasallos!
O stand da promoción estará situado en planta baixa, xunto ao Punto de Atención ao Cliente, e funcionará en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas. Se estás de visita en As Cancelas, parada obrigada!
Quiz de primavera: regalamos 100€ en compras
Ademais do xardín do premios, tamén preparamos un divertido quiz onde as flores son as protagonistas. Serás capaz de responder correctamente a todas as preguntas? Participa a través da nosa web do 10 ao 18 de abril e entrarás no sorteo de 100€ para gastar nas nosas tendas e darlle un aire de primavera ao teu armario coas coleccións de nova tempada.
- Accede ao quiz nesta ligazón.
- Enche o formulario de participación.
- Responde as preguntas correctamente.
Atopa o QR premiado nas nosas pantallas
Para os máis observadores, escondemos un código QR con premios nas dúas pantallas xigantes de planta 1. Atópao entre o contido da campaña de primavera, escanéao coa túa smartphone e descubre ao momento se conseguiches un agasallo. Fácil, verdade? Proba sorte do 11 ao 15 de abril!
Sorteo de moda: participa en redes sociais
Por último, e para agradecer a fidelidade dos miles de seguidores dos nosos perfís, tamén organizaremos un sorteo de 100€ en compras para que actualices os teus looks a golpe de primavera, no que poderás participar desde Facebook e/ou Instagram.