Pensamentos de primavera
Xa chegou a primavera e quen máis e quen menos xa está desexando quitarse as medias, os xerseis e as bufandas. Vánsenos os ollos detrás das sandalias, dos vestidos lixeiros, das bermudas, dos tops coloridos, das gafas de sol… E tamén empezamos a pensar nas grelladas no xardín, en renovar as cadeiras da terraza, en darlle un toque alegre á cociña ou o baño con un xogo de louza ou unhas toallas novas…
E que dicir do coidado persoal: depilación, cremas solares, esas zapatillas para empezar a operación bikini… Menos mal que en As Cancelas podemos atopar todo o que necesitamos. Non lle des máis voltas á cabeza e ¡ven gozar a gozar da primavera connosco!