Participa na gran festa do cine

Publicado o 26 de Abril de 2018

Xa viches a emocionante Campeones? Estabas agardando por Infinity War, a nova entrega dos heroes de Marvel? Se cadra es dos que gozan pasando medo con películas como Un lugar tranquilo? Pois os días 7, 8 e 9 de maio podes velas todas, e moitas máis, por só 2,90 euros cada entrada. Para gozar destes fantásticos precios, tan só tes que solicitar a túa acreditación na seguinte ligazón e presentala no momento da compra das entradas. Aproveita un ano máis a gran festa do cine nas salas de Cinesa, en As Cancelas. O mellor cine, sempre en pantalla grande.

SOLICITAR ACREDITACIÓN