Papá Noel déixase caer este Nadal por As Cancelas!

Tiramos o Nadal pola ventá este ano en As Cancelas! Queremos que pasedes unhas festas de 10 e ímosvos adiantando unha das visitas máis entrañables e esperadas por todos os nosos pequenos visitantes: a de Papá Noel!
Este sábado 17 de decembro, acolleremos a chegada oficial de Papá Noel tras a súa longa viaxe desde Laponia a As Cancelas e… estades todos convidados a recibilo connosco! A partir das 19:30h, tedes unha cita na Casa de Celi para darlle a benvida a este personaxe tan entrañable do Nadal.
E, non só iso! Porque Papá Noel seguirá de visita por As Cancelas os días 18, 22 e 23 de decembro para que todos os nenos e nenas de Santiago poidan entregar as súas cartas e contarlle todos os seus desexos do Nadal. Toma nota dos horarios!
- Domingo 18 e xoves 22 de decembro, de 17 a 19h
- Venres 23 de decembro, de 12 a 14h e de 17 a 19h
Vés pasar un Nadal de 10 a As Cancelas?