O Show de Celi volta á carga este xaneiro en As Cancelas

Que mellor maneira de dar a benvida ao 2024 que cunha boa ración de diversión? Empezamos o mes de xaneiro cunha chea de novidades no Show de Celi para que os nosos pequenos visitantes poidan pasalo en grande durante a súa visita a As Cancelas.
Así que, lembra: todos os venres e sábados ás 19h tes unha cita cunha programación de 10. Queres descubrila? Toma nota!
Venres 12 de xaneiro
- Espectáculo de maxia ‘Do maxín á realidade’
Sábado 13 de xaneiro
- Disco móbil e cantabaila
Venres 19 de xaneiro
- O Pallaso Popín
Sábado 20 de xaneiro
- Contacontos ‘Pepiña Maruxiña quere voar’
Venres 26 de xaneiro
- Espectáculo de maxia ‘Labirinto de ilusións’
Sábado 27 de xaneiro
- Espectáculo de monicreques ‘Blancanieves’
