O Rally da Auga volve unha vez máis a As Cancelas
Se che apasionan os rallyes e non te podes perder ninguna das probas que se desputan en Galicia, o teu sitio está en As Cancelas! Este ano, volvemos a acoller a cerimonia de saída do Rally da Auga, unha das probas puntuables da Copa de España de Rallyes de Terra, que se disputará os días 6 e 7 de maio.
O trazado desta edición do Rally da Auga discurrirá ao longo de 250 kilómetros polos municipios de Santiago, Arzúa, O Pino, Boqueixón e Touro. Como sempre, a proba contará cun dispositivo para preservar a seguridade dos veciños que viven nos percorridos dos tramos.
Ademais, sorteamos nas nosas redes sociais dous postos de copiloto no shakedown, o tramo de proba que axuda aos pilotos a rematar de poñer a punto os seus coches, que se celebrará o venres 6 de maio ás 14h.
O pistoletazo de saída oficial do Rally da Auga será o venres 6 de maio no parking exterior do centro comercial, a onde chegarán todos os participantes. A continuación, disputarase o primeiro tramo cronometrado no concello de Arzús, en onde tamén se celebrará a cerimonia de presentación de todos os equipos. Xa o sábado, despois de desputar todos os tramos da proba, os participantes volverán a As Cancelas para a rolda de prensa oficial ás 17:45h, e a entrega de trofeos ás 18:30h.
Máis infomación sobre o Rally da Auga aquí.