O outono chega a Santiago con Tous
O verán terminou e chega o outono. Cada ano, no mes de setembro, prodúcese o cambio de estación. Por tanto, é momento de darlle a benvida ao outono. Isto significa non só unha nova estación, senón tamén cambios nas nosas vidas (volta ao colexio, regreso á rutina e novos retos diarios) e novidades nas marcas de moda e complementos. Pero non te preocupes, no Centro Comercial As Cancelas, en Santiago de Compostela, tes todo preparado para levar con estilo os meses de outono.
Nesta ocasión, falámosche de Tous, unha tenda de complementos recentemente instalada nas Cancelas. A nova colección de xoiería de Tous para este outono-inverno 2015-2016 chega ao centro comercial. Goza das novas pulseiras, aneis, pendentes, colares, broches, xemelgos e clips de gravata, colgantes, gargantillas e moito máis. A compañía, fundada no ano 1920, creou desde os seus inicios un concepto innovador de xoiería cunha distintiva proximidade á xoiería tradicional e a alta calidade.
Como sabemos que a moitas das nosas usuarias gústalles Tous e seguramente a ti tamén, a continuación presentámosche algunhas xoias da súa nova colección de outono. Achégache ao Centro Comercial As Cancelas e descobre todas as novidades da marca sen saír de Santiago de Compostela.
Que tal un pouco de dourado na túa vida? Ou uns tons negros e verdes? Estes pendentes, aneis, colares e pulseiras seguro que darán de que falar este outono.
Viva a cor: amarelo, azul, granate, etc. Combínao con tons dourados ou prateados nesta selección de artigos para ti. Tes varias pulseiras para elixir e podes combinalas con algúns dos restantes complementos Tous.
Finalmente, chega a última combinación de produtos. Aquí destaca a prata e o ouro como materiais estrela. Ademais, tamén fai acto de presenza a figura representativa de Tous: o oso. Lúceo con estilo, xa sexa como colar ou colgante.
Bo outono. Esperámoste en As Cancelas.