O outono chega a As Cancelas
O verán está a acabarse e iso significa que chega o outono. O bo tempo, as festas na praia, o tempo libre e as noites cálidas chegan ao seu fin. Co outono vén unha época de cambios, é a volta para reencontrarnos cos nosos compañeiros, renovar a nosa roupa e, como sabedes, o outono é tempada de novas tendencias en moda. Este outono 2015 significa a volta das pezas de pel, os cadros, as raias, o ante, os estampados, os estilos étnicos dos setenta, etc.
Con todo, o outono tamén ten outros significados. No Centro Comercial As Cancelas o outono supón unha época forte en canto a actividades. De feito, unha das nosas actividades estrelas é a Fashion Night e moitos outros eventos para que poidas gozar da túa estancia nas Cancelas. Ao longo deste outono 2015 irémosche informando de todas estas tendencias, estilos, actividades, eventos e moito máis.
Esperámoste en As Cancelas.