O febreiro máis entroideiro espérate no Show de Celi!
Temos información moi importante para os nosos pequenos visitantes: O Show de Celi volve este febreiro para que o pasedes en grande en As Cancelas! Maxia, contacontos, concertos… preparamos unha chea de actividades do máis divertidas, pero iso non é todo, porque, ademais, contaremos cun especial de Entroido con desfile de disfraces incluído.
Coma sempre, as actividades desenvolveranse todos os venres e sábados ás 19h, menos o especial de Entoido, que terá un horario específico, no espazo infantil do centro comercial e serán completamente gratuítas. Non o podedes perder!
Consulta a programación completa de actividades
Venres 2 de febreiro
- Concerto musical con Paco Nogueiras ‘As cancións máis cantareiras’
Sábado 3 de febreiro
- Contacontos musical con Brais das Hortas ‘Contos para caghar patatillas’
🎭 ESPECIAL ENTROIDO
Venres 9 de febreiro
- Ás 18h Concerto de Entroido con En Clave Método Suzuki ‘Especial Grease’
Sábado 10 de febreiro
- Ás 18h, Festival de Entroido coa escola Siliria Dance
- Ás 19h, Concurso e desfile de disfraces
Luns 12 de febreiro
- Ás 18h, Exhibición da escola de baile Balancé
- Ás 19h, Canta e baila de Entroido con Disco Móbil
- Ás 20h, Photocall con Celi
Martes 13 de febreiro
- Ás 19h, Pintacaras de Disney
Mércores 14 de febreiro
- Ás 19h, Especial Circo de Entroido e Photocall Disney
Venres 16 de febreiro
- Espectáculo de maxia ‘Charlie Magic Show’
Sábado 17 de febreiro
- Story Time con Kids&Us ‘The dressmaker’
Venres 23 de febreiro
- Espectáculo de marionetas ‘Güe Güe’
Sábado 24 de febreiro
- Zumba Kids con Priscila Dance