O destino deste Entroido agárdate en As Cancelas!
En As Cancelas xa tenemos todo preparado para dar o pistoletazo de salida so Entroido máis divertido. Do 9 ao 14 de febreiro, contaremos cunha programación repleta de actividades para que toda a familia o pase en grande durante a súa visita ao centro comercial.
Ademais duns días cheos de diversión no Show de Celi, o noso espazo infantil, o sábado 10 de febreiro terá lugar o tradicional desfile e concursos de disfraces de Entroido no que trataremos de atopar as mellores propostas entroideiras dos peques da casa e repartiremos máis de 600€ en premios.
Queres saber todo que preparamos para non perder nada? Contámoscho!
Venres 9 de febreiro
- Ás 18h, Concerto de Entroido con En Clave Método Suzuki ‘Especial Grease’
Sábado 10 de febreiro
- Ás 18h, Festival de Entroido coa escola Siliria Dance
- Ás 19h, Concurso e desfile de disfraces: contaremos con dúas categorías, mellor disfrace e disfrace preferido polo público, nas que os gañadores conseguirán como premio unha tarxeta regalo de 250€ para gastar no centro comercial. Ademais, entre todos os inscritos no desfile, realizarase un sorteo final dunha terceira tarxeta regalo valorada en 150€. As inscricións para o concurso poderán facerse de maneira onlie no formulario dispoñible ao final desta páxina ou de maneira presencial no Punto de Atención ao Cliente ata ás 18h do día 10 de febreiro.
Luns 12 de febreiro
- Ás 18h, Exhibición da escola de baile Balancé
- Ás 19h, Canta e baila de Carnaval con Disco Móbil
- Ás 20h, Photocall con Celi
Martes 13 de febreiro
- Ás 19h, Pintacaras de Disney
Mércores 14 de febreiro
- Ás 19h, Especial Circo de Entroido e Photocall Disney