O Carteiro Real chega a As Cancelas

Publicado o 31 de Decembro de 2018

Logo de que Papá Noel viñera desde a mesmísima Laponia para coñecer a todos os nenos e nenas de Santiago de Compostela, agora toca a quenda das súas maxestades os Reis Magos de Oriente, que tamén virán cargados de agasallos para todos os pequenos que se portaron ben durante o ano.

Do 2 de xaneiro ata o día 5, recibiremos a visita do Carteiro Real das súas Maxestades de Oriente para que todos os nosos pequenos visitantes poidan traer as súas cartas, unha dinamización que estará dispoñible na primeira planta do centro comercial de 12:00 a 14:00 horas; e de 17:00 a 20:00 horas polas tardes, excepto o día 5 de xaneiro que só estará en horario de mañá de 12:00 a 14:00 horas.