Multiplicamos a oferta de servizos para os máis pequenos

Publicado o 5 de Marzo de 2019

Desde As Cancelas queremos ofrecerche os mellores servizos para que goces ao máximo da túa visita ao noso cetnro comercial, e sobre todo, cando vés acompañado polo pequenos da casa. Por iso, poñemos á túa disposición unha cadeira de paseo dobre para que poidas moverte con total comodidade con eles.

Podes solicitar o préstamo da cadeira de paseo dobre no Punto de Atención ao Cliente, situado na planta 0 do centro comercial. Para a prestación do servizo requírese o depósito dunha fianza de 20€, que se devolverá no momento da entrega da cadeira no mesmo punto de recollida.

Vir cos teus peques a As Cancelas nunca fora tan fácil. Esperámoste!