Moda de outono 2015 en Santiago: o teu bolso favorito
Estás interesada en comprar complementos de moda? Que tal un bolso? Os bolsos son moi prácticos, pois son útiles para meter neles moitas cousas, e ademais, coa chegada do outono, as marcas presentan as súas novidades para a nova tempada. Así, desde o Centro Comercial As Cancelas, en Santiago de Compostela, presentámosche unha colección de bolsos, de diversas marcas, para que poidas lucir como nunca pola rúa e en todos os eventos da túa vida. Trátase dun total de seis bolsos de diferentes tamaños, cores, marcas e prezos. Por tanto, están adaptados a todos os gustos. Estes bolsos son de seis marcas, as cales, por suposto, pódelas atopar nas Cancelas. As tendas en cuestión son as seguintes: Shana, Suite Branco, Stradivarius, Pull and Bear, Primark e Inside. Visita as nosas tendas de complementos para coñecer estas e outras tendas máis.
Os bolsos que che presentamos a continuación pertencen á nova colección de outono 2015. Aproveita a túa estancia en Santiago de Compostela e achégache ao Centro Comercial As Cancelas para facerche cun deles.
1. Shana: bolso carteira de deseño sinxelo e en tecido de ante.
2. Suite Blanco: bandoleira solapa guipur. Inclúe un detalle metálico na solapa e tecido con bordados de cor branca na parte dianteira.
3. Stradivarius: bolso satchel de petos. Trátase dun bolso con dobre peche e varios compartimentos para gardar o que ti queiras.
4. Pull & Bear: bolso Jacquard con detalles de pel. Consiste nun bolso de cor branca e apertura pola parte superior. Inclúe detalles étnicos dos anos 70, unha das tendencias de moda para este outono 2015, na parte central.
5. Primark: bolso barrel texturizado negro. Neste caso, presentámosche un bolso con dobre agarre e varias hebillas con detalles metálicos.
6. Inside: bolso dobrado bicolor. Por último, falámosche dun bolso de dobre cor: beige e gris. Inclúe peche con cremalleira e un detalle con flocos, tamén una das tendencias de moda para este outono 2015.
Esperámoste en As Cancelas.