Mistelánea Xente As Cancelas
Mistelánea Xente As Cancelas
Desde o Centro Comercial As Cancelas, dentro da sección Xente As Cancelas, estivémosvos falando acerca das tendas que tes á túa disposición no centro comercial. Así, tes moda, complementos, beleza, servizos, restauración, etc. Nesta ocasión, ímosche a falar da tenda de tés e infusións Mistelánea.
Mistelánea As Cancelas é unha porta aberta ao mundo a través de aromas, cores e sabores. Unha tenda de tés e infusións cun catálogo con máis de 120 referencias, así como todos os complementos necesarios para gozar desta bebida milenaria. Ademais, a tenda do Centro Comercial As Cancelas estrea o concepto “Mistelánea 2.0”, no que o cliente que o desexe poderá crear mesturas personalizadas seleccionando os seus ingredientes favoritos.
Con motivo do artigo de #XenteAsCancelas queremos presentarvos a Guillermo, traballador da tenda. Guillermo pode serche de gran axuda á hora de atopar o teu té ou infusión ideal así como, aconsellarche se o que estás a buscar é un novo aroma ou sabor.
Un saúdo Guillermo!
Podes visitar a páxina da tenda das Cancelas aquí e a web da marca aquí.